Servizos · Apartamentos turísticos

Webs con reserva directa para apartamentos turísticos

A túa web, o teu dominio e as túas reservas. O hóspede reserva e págache a ti, e o calendario segue sincronizado con Booking.com, Airbnb e Google.

Prezos

Todo incluído. O que cambia é o tamaño.

O traballo vai por aloxamento, así que o prezo vai por tramos. O que levas é o mesmo en todos.

1–2aloxamentos

Un ou dous aloxamentos

A páxina, o calendario e as fotos de cada un.

1.000€

3–5aloxamentos

De tres a cinco aloxamentos

O máis habitual

Cada un cos seus prezos e o seu calendario, todos nun panel.

2.500€

6–10aloxamentos

De seis a dez aloxamentos

Catálogo completo cun panel único para xestionalo todo.

5.000€

+10aloxamentos

Máis de dez, ou xestora

Xestoras e propietarios con moitas unidades

Varias marcas ou varios propietarios: catálogo, marca por propietario e informes.

Baixo orzamento

Despois da entrega

A comisión só corre cando cobras ti

Non hai cota fixa. Do que entre pola túa web pagas un 5% cada mes, e o mes que non entre ningunha reserva non hai comisión que pagar. As que veñan de Booking ou Airbnb non pagan nada a maiores. Se contratas algún engadido de pago mensual, ese vai á parte.

5%das reservas directas, cada mes

O detalle

Sen letra pequena

A webA túa, no teu dominio, feita para que te atopen.5
  • Web a medida, deseñada e construída para o teu aloxamento
  • Dominio propio incluído
  • Correo personalizado co teu dominio
  • SEO local e blog para saír en Google
  • Animacións e microinteraccións premium
As reservasEntran pola túa web e o diñeiro vai á túa conta.4
  • Reserva directa: o hóspede reserva e paga na túa web
  • Calendario sincronizado con Booking.com, Airbnb e Google
  • Cobro directo á túa conta, coa túa pasarela
  • Código de entrada automático para cada reserva
A xestiónTodo desde o móbil, sen chamar a ninguén.4
  • Panel de xestión en vivo: prezos, reservas e incidencias
  • Prezo recomendado por noite, calculado co teu historial
  • Informe mensual de ocupación
  • Posta en marcha, actualizacións, copias de seguridade e soporte

Se queres ir máis alá

Engadidos opcionais

  • Sesión de foto e vídeo

    Xornada completa no aloxamento con vídeo curto para redes. As fotos son o que máis move unha reserva directa.

    450€

  • Bot de atención 24/7

    Responde ao hóspede a calquera hora: dispoñibilidade, normas da casa, como chegar. Ti só atendes o que importa.

    1.200€

  • SEO Premium

    Traballo activo de ocupación todo o ano: contido por tempada, buscas da túa zona e seguimento mes a mes.

    250€/mes

  • Copywriting integral

    Escribímosche a web enteira: cada sección pensada para que a visita remate en reserva.

    700€

  • Deseño de marca

    Nome, logotipo e sistema visual para o teu aloxamento, se aínda non os tes.

    1.500€

A conta, cos teus números

Canto che está custando Booking?

O que che cobramos

5%

Por reserva directa.

Facturando 16.200 € ao ano nesas noites:

Por Booking (≈18%*)2916 €
Coa túa web810 €

Aforro cada ano

2106 €

O pago único da web recupérase co aforro — e a web, o dominio e os hóspedes quedan sendo teus.

*15% de comisión estándar de Booking.com máis o IVE sobre a comisión. Nos programas preferentes, máis. Cálculo orientativo sobre as noites que hoxe entran por Booking.

Proceso

Como funciona

Condicións

Tres cousas que che dicimos antes de que preguntes

  • 01

    Somos caros comparados cunha plantilla

    Unha web de plantilla cústache pouco máis de 10€ ao mes e móntala ti. Se o prezo é o único criterio, esa é a túa opción — e dicímoscho en serio, sen retranca.

  • 02

    Non facemos mantemento de webs que non fixemos nós

    Só sostemos o que construímos, porque é o único que podemos garantir. Se xa tes web e non a fixemos nós, o que che ofrecemos é refacela, non parchear.

  • 03

    Necesitamos dúas horas túas nas primeiras semanas

    Hai un paso que non podemos dar por ti: conectar a túa conta de cobro para que o hóspede te pague directamente. Sen iso, a reserva directa non chega a funcionar. Dúas horas túas, e non volvemos molestar.

Garantía

Que pasa se algo falla

  • Falas sempre coa mesma persoa: quen deseña e programa a túa web. Non hai centraliña.
  • Antes de empezar recibes un calendario con fitos e un prezo pechado por escrito.
  • Se algo deixa de funcionar por culpa nosa, arránxase sen custo e sen discutir.
  • A web, o dominio e os textos son teus. Se algún día marchas, lévalos contigo.
  • Resposta en menos de 24 h en días laborables.

Preguntas frecuentes

O que nos preguntan

Non é caro?

Compárao co que che leva hoxe cada reserva dunha plataforma. A web págase unha vez e é túa, e despois a comisión é dun 5% en vez dun 18%. Na primeira conversa facémosche as contas cos teus números.

Que pasa coas miñas reservas de Booking.com e Airbnb?

Seguen igual. O calendario sincronízase con Booking.com, Airbnb e Google — nunca hai dobre reserva. A túa web é unha canle máis, e a que máis marxe che deixa.

Como cobro as reservas directas?

O hóspede paga na túa web e o diñeiro chega directo á túa conta, coa túa propia pasarela de pagamento. Alumeo nunca toca o diñeiro das túas reservas.

Hai cota mensual?

Cota fixa non. Do que entre pola túa web pagas un 5% cada mes, así que o mes que non entre ningunha reserva non hai comisión que pagar. As actualizacións, as copias de seguridade, o soporte e o panel van incluídos. Se contratas algún engadido de pago mensual, como o SEO Premium, ese vai á parte.

Canto tempo leva ter a web en marcha?

Depende do tamaño e do material co que contes (fotos, textos). Antes de empezar dámosche unha data pechada de entrega e cumprímola.

O seguinte paso

Falamos do teu apartamento?