Funcionalidades · Panel de xestión
Un panel para xestionalo todo
Prezos, calendario, reservas de todas as canles, incidencias e o aforro fronte ás comisións — nun só panel, desde o navegador.
Todo o teu apartamento, dun vistazo
Noites ocupadas, próxima chegada, incidencias abertas e o aforro do mes en euros. O panel cóntache como vai o negocio sen follas de cálculo nin chamadas.
- Ocupación e reservas en vivo, de todas as canles
- Aforro fronte ás comisións, calculado en euros
- Incidencias e mensaxes co estudio no mesmo sitio
Ti mandas nos prezos
Cambias os prezos por noite desde o panel e sincronízanse coas canles. E cando seleccionas unhas datas, o panel suxíreche un prezo baseado no teu propio historial e nos festivos — sempre editable, sempre decides ti.
- Edición de prezos por noite e por rango de datas
- Prezo recomendado con festivos galegos e estatais
- Código de entrada automático para cada reserva
Vista previa do sistema
Unha web elegante, un panel sinxelo
Cada web de apartamento vén cun panel de xestión propio: abres o navegador e está todo — sen follas de cálculo nin chamadas.
- Prezos e calendario nun só sitio
- Reservas de todas as canles, en vivo
- Incidencias e mensaxes co estudio
- Aforro fronte ás comisións, en euros
Sincronizado conBooking.comAirbnbGoogle
Cóntanos o teu apartamentoPreguntas frecuentes
O que nos preguntan
Necesito instalar algo?
Non: o panel ábrese no navegador, no móbil ou no ordenador, co teu usuario. Sen aplicacións que actualizar.
É difícil de usar?
Está feito para propietarios, non para técnicos: entras e ves a ocupación, as próximas chegadas e o que hai pendente. Entrégase todo configurado e listo para usar.
Hai que pagar algo cada mes polo panel?
Cota fixa non hai. Do que entre pola túa web pagas un 5% cada mes, así que o mes que non entre ningunha reserva non hai comisión que pagar. As actualizacións, as copias de seguridade, o soporte e o panel en funcionamento van incluídos; os engadidos de pago mensual, se contratas algún, van á parte.
Seguir explorando