Caderno · Guía

Que debe ter a web dun apartamento turístico para vender directo

Non abonda con ser bonita: fotos á altura, reserva co calendario sincronizado, cobro directo, sinais de confianza e SEO local. A lista do imprescindible.

05.06.2026 · 2 min de lectura · Alumeo

A web dun apartamento turístico ten un só traballo: converter visitas en reservas. Para iso necesita catro cousas: fotos e textos que vendan, un sistema de reserva co calendario sincronizado, cobro directo á túa conta, e sinais de confianza que quiten o medo a reservar fóra de Booking. Todo o demais é opcional; isto non.

Fotos e textos que estean á altura

O hóspede decide coas fotos e confirma cos textos. As fotos teñen que ensinar o que se vai atopar — luz real, estancias completas, a zona. Os textos responden as preguntas que todos fan antes de reservar: onde está, que hai preto, como é a chegada, que inclúe. Se as fotos do anuncio de Booking son mellores cás da túa web, a reserva péchase alí.

Reserva e cobro sen fricción

  • Botón de reservar visible en toda a web, co calendario e o prezo diante.
  • Calendario sincronizado con Booking.com, Airbnb e Google: a dispoñibilidade real, sempre, sen risco de dobre reserva.
  • Cobro directo: o hóspede paga na web e o diñeiro chega á túa conta. Sen "chámanos e xa vemos".
  • Confirmación inmediata por correo, coa información da chegada.

Sinais de confianza

Reservar na web dun particular pide máis confianza ca facelo nunha plataforma coñecida. Dállela: reseñas reais importadas dos teus perfís de Booking e Google, o número de rexistro VUT visible, unha política de cancelación clara e un teléfono ou correo que responde. Cada un destes detalles baixa a barreira un chisco; xuntos, tómbana.

O imprescindible e o que marca a diferenza

Que necesita a web dun apartamento turístico
ImprescindibleMarca a diferenza
Reserva directa con calendario sincronizadoDominio propio e correo co teu nome
Cobro directo á túa contaFotografía profesional
Fotos e textos completosSEO local e blog da zona
Reseñas e número VUT visiblesPanel de xestión con ocupación en vivo
Web rápida e que se vexa ben no móbilCódigo de entrada automático por reserva

As dúas columnas van incluídas. Non hai unha versión básica e outra completa: todo o mundo leva o mesmo, e o único que cambia é cantos aloxamentos teñas — desde 1.000€ para un ou dous. Aquí tes o que inclúe e o prezo de cada tramo. E se aínda dubidas de se compensa, empeza polas contas da comisión.

Seguir lendo

Falamos do teu proxecto?